¡HOLA!
Son Fernando del Río. Nacín en Ordes hai moitos anos, vivo en Santiago e son pai dunha fermosa nena. Exerzo como Profesor Titular de Universidade no Departamento de Fundamentos da Análise Económica na Unviersidade de Santiago de Compostela e elaborei e manteño esta páxina.
Aquí poderás baixar gratuitamente o meu libro «Economía para todos os públicos». Se che gusta a Economía, creo que desfrutarás coa sua lectura.
Ademais, deixo a teu dispor algúns materiais para o ensino da Economía. Quizás, se es profesor no ensino medio ou na universidade, podas encontralos úteis. Tambén se es estudante de Economía, porque o que se ensina tambén se aprende.
Tamén poderás baixar unhos booklets da serie Teaching Materials on Liberalism publicados pola Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia (GALIDEM) e o European Liberal Forum (ELF). Son pequenos e didáctico libriños aptos para ser aplicados en cursos de bacharelato e grao universitario.
Por último, no meu tempo libro gosto de escribir ficción. Ata o momento teño dous libros publicados, un de relatos cortos titulado «Las edades de la vida» e o outro unha novel negra titulada «La casa de las muñecas rotas». Pódelos comprar en Amazón. E se pinchas nas imaxes abaixo, xa podes facelo agora.
